SCA Informática e a Conselleria de Innovación e Industria veñen de asinar un convenio de colaboración para falicitar a adquisición de equipamento informático subvencionado ós autónomos galegos.
Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para os traballadores por conta propia dados de alta no réxime especial de traballadores autónomos.
A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante. O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser abonado na súa totalidade polo beneficiario.
O investimento deberá contemplar como mínimo os seguintes elementos:
- Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa, con procesador con arquitectura semellante a x86 de 32 bits, ou superior. O ordenador deberá incluír sistema operativo GNU/Linux.
- O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en Software Libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
- O ordenador deberá dispor de navegador de internet en Software Libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
- No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
Non se considerará subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).
Os traballadores autónomos que queiran solicitar unha destas subvencións, deberán presentar na propia entidade colaboradora a seguinte documentación:
a) Copia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
c) Identificación, por declaración do solicitante, do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta censual no IAE.
d) Exclusivamente para o caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá requirirse do solicitante a presentación de certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante. A antigüidade máxima deste certificado será de 3 meses.
Leer máis na páxina da Consellería de Industria e Comercio...
Máis información no teléfono 982 250 792, no correo electrónico info@sca-informatica.com
ou ben no Diario Oficial de Galiza pinchando no seguinte enlace: